Resultados das autonómicas 2024 en Rianxo

18 Feb

Co 100% dos votos escrutados, o partido máis votado en Rianxo foi o Partido Popular, co 41,52% dos votos. Tivo 267 votos que nas anteriores eleccións.

O BNG continúa como segunda forza, pero cun gran crecemento, con 523 papeletas máis.

Pola súa banda, o PSOE segue de terceira forza, aínda que perde apoios, cedendo 141 sufraxios.

VOX consigue 67 apoios máis que nas anteriores eleccións galegas.

Aquí os resultados por mesas electorais:

O Araño. Mesa A

  • PP: 163 votos
  • BNG: 130
  • PSOE: 48
  • Sumar: 10
  • VOX: 10
  • Podemos: 2
  • Por un Mundo Máis Xusto: 1
  • En branco: 1
  • Nulos: 5

O Araño. Mesa B

  • PP: 138 votos
  • BNG: 126
  • PSOE: 41
  • Sumar: 7
  • VOX: 5
  • PACMA: 2
  • Podemos: 1
  • Por un Mundo Máis Xusto: 1
  • En branco: 1
  • Nulos: 0

Rianxo. Mesa 1 1 A

  • BNG: 279 votos
  • PP: 217
  • PSOE: 77
  • VOX: 14
  • Sumar: 12
  • Podemos: 3
  • Por un Mundo Máis Xusto: 1
  • Nulos: 5
  • En branco: 4

Rianxo. Mesa 1 1 B

  • BNG: 246 votos
  • PP: 211
  • PSOE: 94
  • VOX: 12
  • Sumar: 17
  • Podemos: 4
  • PACMA: 2
  • Nulos: 4
  • En branco: 6

Rianxo. Mesa 1 2 A

  • BNG: 159 votos
  • PP: 123
  • PSOE: 45
  • Sumar: 16
  • VOX: 10
  • Podemos: 4
  • Por un Mundo Máis Xusto: 1
  • Nulos: 3
  • En branco: 4

Rianxo. Mesa 1 2 B

  • PP: 134 votos
  • BNG: 152
  • PSOE: 47
  • Sumar: 10
  • VOX: 6
  • Podemos: 4
  • PACMA: 1
  • Nulos: 6
  • En branco: 0

Rianxo. Mesa 1 3 A

  • BNG: 157 votos
  • PP: 130
  • PSOE: 37
  • Sumar: 7
  • VOX: 8
  • Escanos en Branco: 1
  • Podemos: 0
  • Nulos: 7
  • En branco: 6

Rianxo. Mesa 1 3 B

  • BNG: 155 votos
  • PP: 155 votos
  • PSOE: 45
  • VOX: 17
  • Sumar: 5
  • Escanos en Branco: 3
  • PACMA: 3
  • Podemos: 1
  • Nulos: 6
  • En branco: 2

Rianxo. Mesa 2 2 A

  • PP: 165 votos
  • BNG: 163
  • PSOE: 47
  • Sumar: 7
  • VOX: 6
  • Podemos: 2
  • PACMA: 2
  • Nulos: 1
  • En branco: 0

Taragoña. Mesa A

  • BNG: 136 votos
  • PP: 116
  • PSOE: 43
  • VOX: 8
  • Sumar: 5
  • PACMA: 2
  • Espazo Común Galeguista: 1
  • Podemos: 0
  • Nulos: 0
  • En branco: 3

Taragoña. Mesa B

  • BNG: 158 votos
  • PP: 125
  • PSOE: 38
  • VOX: 7
  • Sumar: 5
  • PACMA: 1
  • Podemos: 0
  • Nulos: 3
  • En branco: 0

Outeiro

  • PP: 165 votos
  • BNG: 163
  • PSOE: 47
  • Sumar: 7
  • VOX: 6
  • Podemos: 2
  • PACMA: 2
  • Nulos: 1
  • En branco: 0

Asados. Mesa B

  • BNG: 165 votos
  • PP: 153
  • PSOE: 45
  • VOX: 16
  • Sumar: 5
  • Podemos: 1
  • PACMA: 1
  • Espazo Común Galeguista: 1
  • Nulos: 3
  • En branco: 1

Isorna

  • PP: 220 votos
  • BNG: 93
  • PSOE: 22
  • VOX: 8
  • Sumar: 3
  • Podemos: 0
  • Por un Mundo Máis Xusto: 1
  • Nulos: 1
  • En branco: 2

Leiro

  • PP: 249 votos
  • BNG: 180
  • PSOE: 72
  • VOX: 25
  • Sumar: 15
  • Escanos en Branco: 2
  • Espazo Común Galeguista: 2
  • PACMA: 1
  • Podemos: 0
  • Nulos: 9
  • En branco: 2

Avelina. Diaconisa da Virxe de Guadalupe

20 Set

Avelina_Rianxo

Autoría do texto e imaxes cedidas por: Marina Losada Vicente

I

Recibo unha chamada de miña nai. Adiántame que vai a darme unha noticia… boa. Boa! Non penses que temos moitas noticias boas que darnos por teléfono. Cando mamá e mais eu nos chamamos acostuma a ser para dicirnos que morreu alguén. O resto das novas esperan a que nos vexamos. Como a muller non é de moito suspense… aclaroumo pronto:

—Avelina xa ve!

—Que o fixo posible!? —pregunteille dobremente sorprendida. Avelina recuperara a vista e tamén o seu nome!

II

Querida Avelina: Espero que ao recibo destas letras a túa saúde non empeorase moito. Sei que xa perdiches a vista toda, confirmoumo Lola, a túa cuñada, ao tempo que me comunicaba con tristura que deixaras Rianxo de forma definitiva. Noventa e cinco anos, Avelina! Lola ten a mesma idade e os sobriños traballan, teñen cargas propias… e, no teu estado, era cuestión de tempo que che trasladaran a unha residencia.

Pensando nas próximas festas, váiseme facer raro non verche contemplando como se vai vestindo a vila de postos de garapiñadas, tómbolas, carruseis… De forma especial na Guadalupe, a festa máis importante do ano, sendo túa a honra de ter a chave e custodia da súa capela. Ti eras parte do decorado, no peitoril do Campo de Arriba, apoiada a cara nas mans, cóbados comulgando coa pedra, que mesmo parecías peza do balaustre…

Cando souben que Avelina estaba nunha residencia foi o primeiro que me viu á cabeza: Escribirlle unha carta. Escribirlle unha carta a Avelina, que sabía que quedara cega! Sabes a canción “Escribir e non firmare é como escribir ao vento, quen me dera a min sabere onde tes o pensamento…?” O pensamento está en Avelina. Que sei eu de Avelina? Acaso estivo algunha vez namorada? De poder escoller, que desexaría ser na vida? Queixouse algunha vez Avelina do baleiro dunha casa na que viviu soa máis de trinta anos? Que motor move hoxe a Avelina para amar á vida máis alá do gusto polos doces, lambereteira como seguirá sendo?

III

Avelina-Rianxo

(Na imaxe, Avelina a segunda pola esquerda)

Avelina viviu no Campo de Arriba e sábese amiga da miña nai, veciña da rúa de Arriba, ambas as dúas rúas enmarcando é praza de Castelao. Téñense un cariño moi especial. Cando se atopaban, daba gusto velas falar. Eses espaventos, esas voces, esas miradas… esa complicidade! Eses silencios…

Traballou como modista autónoma -de ser hoxe-, noutrora costureira. Miña avoa dicía que era a única que lle sabía dar aos seus vestidos o corte tal e como lle prestaba. Xa se retirara cando fixo a súa primeira comuñón. Sei o raro que soa, mais foi así. Axudaba na parroquia e foi o cura quen reparou en que, aínda con toda a presenza que tiña no culto, especialmente na capela de Guadalupe, o seu santuario persoal, xamais comulgaba. Niso e noutras cousas, Avelina é diferente ao resto das persoas que coñezo e por iso non deixou nunca de sorprenderme.

Hai uns anos descubrín que adora as fotografías e que ten un elevado concepto de si mesma. Atópase guapa en todas! Un día leveille unha que lle sacara o meu fillo. Quedou tan agradecida que se fartou de darme bicos. Tamén á foto. Vendo a súa reacción, tratei de recompilar fotos dela. Cheguei á súa casa cun bo feixe nun sobre. Non estaba e, pensando na ilusión que lle farían, paseillas por debaixo da porta. Sentinlle moitas veces chamar “burra” a outras persoas -era o máximo insulto do que dispoñía Avelina-, mais non a min. Non sei moi ben o que me chamou, “burra” non era suficiente para aquela ocasión. Berroume porque deixei as fotos no chan! De pisar o sobre, non lle pasou nada ao seu contido. Aínda así, quedoume claro que para ela fora unha ofensa. Un agravio serio e non souben como pedirlle desculpas, torpeza que me levou a buscar de intermediaria a mamá. Avelina perdooume e invitounos a ver o seu álbum de recordos: Fotos dos sobriños e sobriñas, algunha voda, paseos coas amigas da xuventude un día de festa, excursións da catequese, unha merenda con Teresa Castelao na casa da rúa de Abaixo…

Sinalando unha muller da que eu xa tiña referencias, nunha foto de fai cincuenta anos, contoulle a miña nai algo que non tivera ocasión de comentar xamais: Aquela muller casada saía pola noite ao balcón da súa casa e comunicábase cun home da mesma rúa, tamén casado, que se asomaba a unha terraza que tiña no seu tellado. Nin unha vez nin dúas… moitas veces se atopou con aquel cadro que tan raro lle parecía.

Mamá contoulle algo que toda a rúa sabía, agás claro os cónxuxes enganados. Non entendeu Avelina a explicación, sobre todo polo home, que lle parecía moi serio e felizmente casado. Mamá, metendo o dedo furabolos da man dereita dentro do puño pechado da outra man, confirmoulle que eran amantes, para decepción de Avelina, que non vía o mundo cos mesmos ollos con que o miramos nosoutras. Nun xesto de repulsa, pechou o álbum de fotos cunha tristura nos ollos que me sorprendeu.

Diferente é pouco. Avelina é única nas percepcións todas. Apaixonada das telenovelas, terías que ver a Avelina, xa cumpridos ós noventa, explicando os enredos dun capítulo. Non lle perde o fío, e sabe moi ben como van as cousas! -admirábase a cuñada, que despois de meses e meses, xa non podía dicir quen era quen.

Nin imaxinas o que era capaz de controlar Avelina tendo como radio de acción diaria, semanal e anual pouco máis de cen metros, nos que se incluía a casa de Lola, a igrexa de Santa Columba, a capela de Guadalupe, o centro médico, a súa entidade bancaria, a peiteadora e as tendas. A súa vida toda! Avelina sabía quen faltaba na vila, preocupándose de preguntar que lle pasara. Levaba a conta dos habitantes de toda a parroquia.

Avelina sabía ler nas miradas, e volverá a sabelo, agora que recuperou a vista. Ten ese don. Despois de varios días de notarme ausente, esperoume no campo de Arriba para acariñarme. Era certo que eu tiña unha tristura no corpo e cando mo preguntou, souben que non a podería enganar dicíndolle que non era nada. Tamén souben que eu lle importaba de verdade. E a raro que poida parecer, en canto lle dei explicado o que me pasaba, dou de forma certa coa persoa que me facía dano. Nin hoxe entendo como puido sabelo, nin sequera llo dixera a miña nai.

IV

Avelina-Campo-Arriba

(Na foto, Avelina tamén é a segunda pola esquerda)

Avelina perdía a vista e non dou unha queixa, acostumada a vivir cara a dentro. Cando tiñas algo de présa podía ser unha sorte cruzarte con ela e que non che recoñecera, mais acababas botando de menos a súa proximidade, sobre todo miña nai. O especialista do hospital díxolle á familia de Avelina que o problema na vista era operable. Operable cun porcentaxe alto de melloría. Pero a aquela bata branca de formigón armado non lle parecía ben perder o tempo e os cartos da Seguridade Social en Avelina! Un dos factores que argumentou foi que lle sería difícil levar ben o postoperatorio. Incrible! Avelina perdeu toda a vista que tiña e o médico que a levaba pensou que operala era unha perda de tempo! E así a mandou para á casa, sen solución, condenada en vida a unha noite perpetua. A familia tivo que buscar axuda, primeiro a domicilio e finalmente Avelina pasou a unha residencia, mais seguiron insistindo en que debería ser operada. Aínda que un médico sen corazón pode ser unha barreira infranqueable, un sobriño coa razón da súa parte sabe ser auga que mova muíños. Defendendo a Avelina, obrigou ao sistema a realizar a operación, que foi un éxito. Avelina, maio de 2023, recuperou a vista. Pena de meses estragados!

Avelina padecera, con catro ou cinco anos, unha enfermidade que a deixou xorda. Xorda. Xa pasaran uns meses cando a nai se dou de conta de que a nena non oía. Levaba tempo notándoa rara, distraída, que non lle facía caso… berrándolle, mais a nena… Ata que un día lle caeu unha tarteira das mans e se dou conta de que a filla non moveu un músculo do corpo. Estaba de costas e así quedou a criatura, nin virou a cabeza. Xorda.

Deixar de oír levouna a esquecer as palabras. Avelina conservou moi poucas, “mamá” era unha delas. Aquel mesmo día comezou a perder o nome propio, Avelina, a súa identidade primaria, que era visible só cando asinaba, pasando a ser A Muda. É de entender que ela non o sabe… nin tampouco que agora, na residencia, volve a ser Avelina. Avelina, non me caso de escribir o seu nome. Débollo. Debémosllo!

Concibes a vida de Avelina sen poder ver? Figúraste a Avelina na sombra da noite para sempre, renunciando a unha operación que lle devolvera a vista? Faste cargo da impotencia da familia?

Imaxinas o que pode ser quedarse cega, condenada por un médico que pon por diante a saber que estatísticas, para unha Avelina que fala coas mans, co corpo, co xesto e escoita cos ollos?

Carlos Ces: “Este ano moitos veciños están a dar máis que a cota de referencia. Non imaxinades o agradecidos que estamos”

27 Ago

Carlos-Ces-Guadalupe-Rianxo

Non queda nada para que comecen as Festas da Guadalupe de Rianxo, por iso quixemos falar con Carlos Ces, presidente da Asociación A Moreniña, que se encarga da organización das festas. Preguntámoslle polas actividades deste 2023 e polo traballo da comisión de festas.

Seguir lendo

Análise dos resultados das municipais en Rianxo e votos por parroquias

30 Mai

Pasados uns días dende as eleccións locais en Rianxo, imos tratar de analizar algúns datos destas votacións. 

Seguir lendo

Valoración de José Luis Castiñeiras (PP) dos resultados electorais de 2023

29 Mai

O líder dos populares rianxeiros, José Luis Castiñeiras, destaca que a súa formación conseguiu un “bos resultados, tendo en conta a liña descendente” a nivel de apoio das últimas eleccións. Indica que “igual esperabamos algún concelleiro máis”, pero non é menos certo que “a liña de saída é a mesma para os tres”, en canto que tanto o PP como Rianxo en Común e o PSOE contarán con 5 membros no pleno da corporación municipal.

Nese sentido, insiste en que a “tendencia positiva” do seu partido en Rianxo é o que máis o motiva a seguir traballando para continuar nesa liña. Agora, dende o PP local vanse dar “un par de días para asimilar os datos” e formular os pasos a seguir.

Castiñeiras indica que “tampouco descarto gobernar nin apoiar”. Están abertos ao diálogo con todas as formacións políticas, aínda que entende que un acordo co PSOE sería máis complicado. Nese escenario, “o comodín” tanto para PSOE como para PP sería Rianxo en Común.

O candidato á alcaldía sinala, iso si, que no caso de que se chegue a algún tipo de acordo, este “debería dar estabilidade durante os próximos 4 anos”. Ademais, insiste en que as súas prioridades “son conseguir o maior número de investimentos para Rianxo”.

Valoración de Oscar Rial (PSOE) dos resultados electorais do 2023

29 Mai

Para o líder dos socialistas rianxeiros, Oscar Rial, a sensación tras coñecerse os resultados electorais “é boa porque era un campaña exprés” na que tiveron que enfrontar a diferentes problemáticas. Nese sentido, indica que buscaron “xerar ilusión e reverter a situación de desánimo” que existía na formación. Rial sinala que tiñan “unha mochila, a xestión dos últimos 8 anos, algo que nos pesaba en canto que non podiamos intervir nas decisións do goberno”.

Neste escenario, optaron por “seren agresivos a nivel de comunicación”, para “contrarrestar unha xestión que non foi a máis adecuada”. Por esa razón, de cara ao exterior, falaban de acadar a maioría absoluta. Non obstante, nas súas previsións manexaban un escenario con 7 concelleiros. Iso non quere dicir que conseguisen un mal resultado, “ao contrario, porque aumentaron o número de votantes e o balance é positivo”. A formación da rosa tivo 503 papeletas máis que nas anteriores locais. Rial tamén salienta que “con 21 votos máis a situación sería moi diferente”, en relación ao número de sufraxios que os separou de Rianxo en Común, o partido máis votado.

O PSOE foi o partido con máis apoio nas mesas de Taragoña e, segundo Oscar Rial, “a clave estivo en Rianxo, onde contabamos con estar máis fortes”.

O partido ten previsto facer unha próxima asemblea para falar da campaña e miran “o futuro cunha perspectiva moi boa, con ganas de demostrar o noso traballo”. Nese sentido, o candidato socialista insiste en que “estamos máis que satisfeitos polo conseguido, había unha expectativa enorme arredor da candidatura, a nivel persoal foi unha grande aprendizaxe e toca seguir traballando”.

Preguntado por posibles pactos ou acordos para gobernar en Rianxo, Rial indica que “a iniciativa non nos corresponde a nós”, aínda que teñen toda a “predisposición a escoitar para reverter a situación actual do Concello. Hai que sentarse e escoitar e escoitar as distintas propostas”.

Valoración de Julián Bustelo (Rianxo en Común) dos resultados electorais de 2023

29 Mai

Para Julián Bustelo, líder de Rianxo en Común, a valoración dos resultados electorais “é moi positiva”. Confesa que as expectativas da súa formación eran altas e conseguiron mellorar o número de concelleiros ao acadar 914 apoios máis que nas locais de 2019. Ademais, sinala que foron a opción máis votada “no 60% das mesas do Concello”. Tamén destaca que “somos o grupo que máis medrou dende o 2015, dende que nos presentamos”.

Unha vez asimilado o resultado, sinala que están “emocionados e agradecidos á xente que nos apoiou”, ao tempo que “confiados e emocionados polo novo tempo” que se abre en Rianxo. Neste sentido, Bustelo explica que dende a súa formación están xa “con ganas de traballar”.

O representante de Rianxo en Común indica que agora é preciso “ter un período de reflexión, psaron moitas cousas, hai que valorar e darse un tempo”. A partir de aí, “sendo a lista máis votaa, correspóndenos optar á alcaldía e tomar a iniciativa para establecer diálogos coas outras forzas políticas”. Salienta que van falar con todas as formacións e que están “abertos a calquera escenario”. Deberán analizar “eixos programáticos comúns para traballar” e tamén ter claro que “o que temos por diante son as problemáticas que afectan a Rianxo, que debemos estar 100% centramos en Rianxo”. En base a iso, salienta que “estableceremos decisións” pero tendo claro que, en canto que son a formación con máis votos, se reservan a alcaldía.

A seguinte data importante é o 17 de xuño, cando terá lugar o pleno de investidura. Bustelo ve o futuro “con ilusión e con ganas”. De feito, non esquece que fixeron unha “campaña modesta, pero intensa, cun programa claro, conciso e directo que saíu das reunións que tivemos cos veciños, das súas necesidades”. Agora toca establecer “unha folla de ruta que garanta estabilidade e traballo a medio prazo”.

Resultados das eleccións municipais de Rianxo 2023

28 Mai

Actualización 22:44h: Xa está o 100% escrutado. Gañou ReC por 20 votos de diferenza fronte ao PSOE. Como terceira forza política está o PP, pero só a 43 votos do partido máis votado. Cada unha destas formacións terá 5 concelleiros. Pola súa banda, o BNG consegue a metade dos votos que os outros partidos.

Deste xeito, a cousa queda así a nivel de concelleiros:

Rec: 5 concelleiros (fronte aos 2 da pasada lexislatura)

PSOE: 5 concelleiros (fronte aos 4 da pasada lexislatura)

PP: 5 concelleiros (fronte aos 4 da pasada lexislatura)

BNG: 2 concelleiros (fronte aos 6 da pasada lexislatura)

Actualización 22.19h. Segundo a información que temos, que non é oficial, o resultado quedaría deste xeito, con ReC como partido máis votado, seguido polo PP a só 13 votos e co PSOE a 16 papeletas de distancia. Co cal, cada un destes partidos tería 5 concelleiros, fronte aos dous do BNG. Falta, como dicimos, a información oficial.

Co 90,47% escrutado os resultados serían moi diferentes, co PSOE como partido máis votado, seguido polo PP e con ReC como terceira forza política. En todo caso, as tres formacións móvense nunha marxe moi estreita. O BNG, pola súa banda, sería o cuarto partido con 2 concelleiros.

Actualización 22.11h. Polo que nos contan dende o interior dun dos recontos, só falta unha mesa por pechar. Dinnos que nesta mesa hai 205 votos para ReC, 170 para o PSOE, 160 para PP e 56 para BNG, polo que o partido máis votado sería Rianxo en Común.

Actualización 22.04h. Polo que nos contan dende o interior dun dos recontos, só falta unha mesa por pechar. E parece ser que gañaría ReC por uns 10 votos de diferenza con respecto á segunda formación.

Co 81,93% escrutado, o PSOE volve ser a segunda formación máis votada, pero todo continúa moi igualado entre tres formacións. ReC, PSOE e PP continúan con 5 concelleiros fronte aos 2 que obtería o BNG.

Co 75,82% dos votos escrutados, o PP pasa a ser o segundo partido máis escollido en Rianxo, con tres papeletas máis que o PSOE. En todo caso, continúa todo moi igualado entre ReC, PP e PSOE, con 5 concelleiros por arriba. O seguinte concelleiro estaría agora mesmo a 189 votos, que sería en favor do BNG en lugar do PSOE, aínda que é moi improbable vista a evolución do escrutinio.

Co 70,24% escrutado, a situación segue a ser moi semellante, con 5 concelleiros para ReC, outros 5 para o PSOE e outros 5 para o PP. O BNG quedaría con 2 concelleiros.

Co 54,41% dos votos escrutados, hai case un empate entre ReC, PSOE e PP. O BNG pasaría de ser a forza máis votada a ser a que menos representación conseguiría (pasaría de 6 a 2 concelleiros).

Entrevista a Xusto Ordóñez, candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG

22 Mai

Velaquí o cuestionario que lle realizamos a Xusto Ordóñez, que se presenta nestas eleccións á alcaldía de Rianxo co BNG.

– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).

– Son veciño do Araño. O meu traballo é o da panadeiro, unha ocupación que me vén de tradición familiar: como ben sabedes chámanme Tito o Dulceiro. Fun unha persoa activa na vida asociativa, ANPAS, Asociacións culturais e deportivas, unha persoa moi curiosa polo noso patrimonio. Por outra banda, dende hai oito anos son concelleiro e con responsabilidades no goberno local, asumindo asumido responsabilidades en Deportes, Patrimonio e Seguridade Cidadá.

Seguir lendo

Entrevista a José Luis Castiñeiras, candidato á alcaldía de Rianxo polo PP

21 Mai

Jose_Luis_Castineiras_1

Velaquí o cuestionario que lle realizamos a José Luis Castiñeiras, que se presenta a través do PP á alcaldía de Rianxo.

– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).

– Boas, son José Luis Castiñeiras Lesende, Enxeñeiro Técnico Industrial de profesión con percorrido laboral dende a empresa familiar, sector público a grandes empresas. Toda a miña vida laboral se desenvolveu vinculado ó mantemento industrial e a sistemas de produción, polo que a mentalidade de “servizo ó cliente” a levo poñendo en práctica sempre. Isto é o que debemos conseguir no Concello, asumir que somos un servizo onde a prioridade son as persoas, neste caso os veciños e veciñas de Rianxo.
No eido persoal, nacín na rúa Portiño en Rianxo no ano 1976, e actualmente vivo na aldea de Ourille, parroquia de Taragoña. Estou casado e teño dúas nenas de 14 e 11 anos.

Seguir lendo